O que lle ofrecemos en xardinería e viveiro en Ponteareas

Descobre máis!

Centro de xardinería e viveiro de plantas en Ponteareas
Árbores, plantas, complementos para xardín, casa e horta
Variedade

Árbores, plantas, complementos para xardín, casa e horta

En Viveiros Canedo Centro de Xardinería atopará profesionais altamente cualificados para atender as súas demandas e necesidades, así como tamén poñemos a súa disposición unha ampla gama de produtos de xardinería para axudarlle a crear o xardín ou a horta que sempre quixo.

Pode visitar as instalacións do noso viveiro en Ponteareas ou poñerse en contacto connosco e contarnos as ideas que ten en mente para o deseño do seu xardín ou horta, así como as especies de plantas que quere plantar no mesmo. Contarémoslle cales son os mellores coidados para que as plantas se manteñan sanas e bonitas e, en caso de que apareza algunha plaga, mostrarémoslle os produtos fitosanitarios mais efectivos para poder combatila e protexer as árbores ou as plantas que completen o seu xardín.

Asesorámoslle para que cre o xardín que desexa!
Servizos

Os nosos servizos máis demandados

Venta

Encontrará plantas para interior e exterior, árbores de sombra e grandes exemplares, froiteiros, plantas de tempada e horta, produtos de ferraxería, rega, piscinas, testos, terras, substratos, áridos...

Asesoramento

Ofrecemos un asesoramento totalmente personalizado. Axudámoslle a crear o seu propio xardín co noso asesoramento. Que plantar? En que época do ano? Como plantar? A orientación, o terreo…

Consello

Aconsellámolo sobre cando e como podar, transplantar as plantas e o sistema de rega máis adecuado segundo o tipo de xardín, entre moitos outros aspectos a ter en conta.

Fitosanitarios

Facemos un control fitosanitario e diagnóstico das enfermidades das plantas recomendándolle o tratamento adecuado a cada patoloxía que poden presentar as diferentes especies de plantas.

Estaremos encantados de axudarlle

Póñase en contacto connosco e indíquenos o que está buscando, podemos axudarlle!